Cooperativa

SeteOitavas é unha cooperativa formada por profesionais da arquitectura e do urbanismo que, en colaboración con outros equipos multidisciplinares, traballamos a escala territorial (desde plans de urbanismo a proxectos de mobilidade), a escala arquitectónica (proxectos de obra nova, rehabilitación, bioconstrucción, etc) e, por último, a escala persoal e comunitaria (acompañamento técnico de proxectos a particulares ou colectivo para a toma de decisións e/ou xestión,  asesoriamiento e  co-deseño de prazas, parques, patios, camiños escolares, etc).

Nestas tres escalas elaboramos proxectos, plans, informes, documentos e investigacións centrados na saúde das persoas e do noso contorno e desde unha perspectiva consciente e comprometida do mundo do que formamos parte.

A parte visible dun iceberg é tan só unha oitava parte do mesmo: a maior parte do mesmo está oculta baixo a auga. Tamén nos nosos proxectos hai sete oitavas partes ocultas do noso traballo, o intanxible, a investigación previa necesaria, o diálogo coas persoas ás que afecta, o proceso de ideación dos proxectos…

FACEMOS

Arquitectura e Bioconstrucción

Deseñamos proxectos ecolóxicos creando espazos saudables e con baixo consumo de enerxía, usando materiais naturais, sustentables e preferiblemente locais.

Ver máis

Territorio e urbanismo

Traballamos na planificación e transformación territorial e urbana dende unha perspectiva inclusiva, multidisciplinar e participativa, apostando polo desenvolvemento sostible da nosa contorna.

Ver máis

Comunidade e procesos colectivos

Implementamos  procesos de participación pública e deseño colaborativo na elaboración de proxectos de arquitectura e de espazo urbano, e na elaboración de estudos e plans urbanísticos

Ver máis

Confiaron en Nós

Contacta

Contacta

SeteOitavas, Sociedade Cooperativa

ESF27870997 | Libro de inscrición de sociedades cooperativas. TOMO XI. FOLLA 1053-PO. NÚM. ASENTO 1.

SEDE VIGO

Rúa Poboadores 35 baixo
Vigo 36202 Pontevedra
info@seteoitavas.com

T: 0034 886 098 856 / 0034 649 572 104

SEDE MONÇÃO

Rua General Pimenta de Castro nº 38, 1º andar, D
4950-498 Monção (Viana do Castelo)
jesus@seteoitavas.com

T: +351 911 823 896

T: +34 629 894 271

Somos unha organización comprometida social e conscientemente co avance e o desenvolvemento sostible dos territorios, das cidades, dos lugares e das comunidades.

Traballamos desde Vigo e desde  Monção, desde onde xestionamos servizos en todo o territorio galego e o norte de Portugal.

Datos dos Colexios profesionais

María Ríos Carballeira. ​​​​Collegi d´Arquitectes de Catalunya número 53014-1

Alejandro Fernández Palicio. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia número 4238

Jesús Carrazoni Fuertes. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia número 4083 e Ordem dos Arquitectos de Portugal número 27903

Enlace á páxina de web do Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España

Enlace Códigos de conduta

Pregúntanos

    Responsable de tratamiento: Os seus datos serán tratados por SETE OITAVAS SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA con domicilio social en Rúa Poboadores 35 baixo , 36202 – Vigo (Pontevedra).

    Finalidade e lexitimación: Os seus datos serán tratados para os fins especificados no motivo de contacto e para poder darlle resposta ás súas peticións ou consultas, con base legal no consentimento expreso.

    Cesións: non serán cedidos a terceiros salvo obrigación legal.

    Prazo: Os seus datos serán tratados o tempo estritamente necesario para o cumprimento da finalidade ou finalidades concretas que motivaron a súa recollida, ata a perda de relevancia do seu uso ou, en todo caso, ata que sexan cancelados en resposta ao exercicio por parte do seu titular dos dereitos correspondentes.

    Dereitos: Informámoslle que pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos a través deste formulario de contacto ou dirixíndose á seguinte dirección de correo electrónico: maria@seteoitavas.com, ou tamén por escrito, achegando unha copia dun documento acreditativo da súa identidade á dirección: Rúa Poboadores 35 baixo, , 36202 – Vigo (Pontevedra)

    Información adicional: Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de datos na nosa política de privacidade: https://www.seteoitavas.com/politicaprivacidade/