As telleiras de Arousa e do Baixo Ulla
COLABORA: CONCELLO DE VALGA (PREMIOS FERRO COUSELO)
ANO: 2011
Na ría de Arousa conformouse un espazo xeoestratéxico no que se foi construíndo co paso do tempo, unha paisaxe de grande riqueza patrimonial en torno do traballo do barro. A súa obtención, transformación e comercio foi creando unha serie de rutas marítimas de comercio e transporte, con embarcacións, infraestruturas e establecementos de manufactura singulares. A súa orixe remóntase, polo menos ata a época romana e foi continuando baixo diversas configuracións ata a actualidade permanecendo un patrimonio industrial e comercial, arqueolóxico e etnográfico, entre a terra e o mar. O resultado foi un traballo, financiado grazas a unha axuda concedida no XV premio de investigación Xesús Ferro Couselo, que cruza diferentes materias: etnografía, patrimonio, antropoloxía, microtoponimia, historia, economía, paisaxe arqueoloxía. O traballo pódese descargar aquí.
COLABORA: CONCELLO DE VALGA (PREMIOS FERRO COUSELO) ANO: 2011 Na ría de Arousa conformouse un espazo xeoestratéxico no que se foi construíndo co paso do tempo, unha paisaxe de grande riqueza patrimonial en torno do traballo do barro. A súa obtención, transformación e comercio foi creando unha serie de rutas marítimas de comercio e transporte, […]