Co-deseño e transformación dos patios no colexio Andaina
COLABORA: NATALIA CAMPOS FERRO E MARTÍN MOREDA
ANO: 2017-2018
CLIENTE: COLEXIO ANDAINA. COOPERATIVA DE EDUCACIÓN
Durante os cursos escolares 2017 e 2018, traballamos coa comunidade educativa de Andaina para o deseño e a transformación do patio de educación infantil e primaria. Neste caso a comunidade estaba especialmente interesada en que os traballos se realizaran con materiais naturais e que no proceso puidera participar todo o alumnado de infantil e de primaria. Abordouse realizando dúas comisións de xardín, unha coa representación do alumnado de infantil e outra co de primaria que participaban activamente no itinerario da descuberta e no proceso de deseño, e tiñan a función de trasladalo ás súas respectivas aulas. Nunha segunda fase realizouse a propia transformación dos patios segundo o deseño realizado polas comisións coas apartacións de todo o alumnado, e para a que se elixiron métodos e materiais construtivos acaidos para a manipulación por parte das nenas e nenos do colexio, nestas sesións participou a totalidade do alumnado de infantil e primaria. Destacamos a implicación do profesorado e das familias tanto de xeito cuantitativo como cualitativo.
As fitas que guiaron o proxecto foron as seguintes:
- Coñecemento e traballos cos materiais naturais que existen no noso entorno.
- Potenciación de “outros” sentidos.
- O ciclo pechado dos materiais naturais.
- A evolución dos talleres en función das estacións do ano.
- Uso da habilidade manual
- Deseño do xardín nas aulas e sobre o terreo.
- Realización do xardín.
COLABORA: NATALIA CAMPOS FERRO E MARTÍN MOREDA ANO: 2017-2018 CLIENTE: COLEXIO ANDAINA. COOPERATIVA DE EDUCACIÓN Durante os cursos escolares 2017 e 2018, traballamos coa comunidade educativa de Andaina para o deseño e a transformación do patio de educación infantil e primaria. Neste caso a comunidade estaba especialmente interesada en que os traballos se realizaran con […]