“…Imaxina unha cidade…”
ANO: 2013
CLIENTE: BIBLIOTECA NEIRA VILAS. VIGO
“As cidades onde hoxe vivimos foron, fai moitos anos, algo moi diferente ao que nós coñecemos. Os lugares onde agora paseamos, xogamos ou imos á escola eran primeiramente zonas rurais de agras e cultivos ou barrios de pescadores, que pouco a pouco foron medrando. Así, ao carón dunha casa foi aparecendo outra e logo outra; ao redor delas xurdiu un mercado, unha escola e paseniño apareceron novos edificios e rúas que os unen; mais tarde estradas e autoestradas que nos comunican con outras cidades, vilas e aldeas. Mais as cidades que agora coñecemos poden ter sido moi diferentes…”
A partires desta premisa, e dun xeito creativo, repásanse en primeiro lugar cidades e arquitecturas imaxinarias ou singulares pola súa compoñente artística, para despois cunha reflexión colectiva comezar a crear a o noso barrio como nos gustaría que tivera evolucionado.
ANO: 2013 CLIENTE: BIBLIOTECA NEIRA VILAS. VIGO “As cidades onde hoxe vivimos foron, fai moitos anos, algo moi diferente ao que nós coñecemos. Os lugares onde agora paseamos, xogamos ou imos á escola eran primeiramente zonas rurais de agras e cultivos ou barrios de pescadores, que pouco a pouco foron medrando. Así, ao carón dunha […]