COLABORAMOS CON: BEATRIZ COMENDADOR (GRUPO DE ESTUDOS DE ARQUEOLOXÍA, ANTIGÜIDADE E TERRITORIO DA UNIVERSIDADE DE VIGO)
ANO: 2019

No marco da materia de Etnoarqueoloxía e Arqueoloxía Experimental do Mestrado Interuniversitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade, impartido polas universidades de Vigo e Santiago de Compostela e o Instituto de Ciencias do Patrimonio participamos no Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro neste obradoiro de arqueoloxía experiencial onde o alumnado universitario e visitantes do centro, tiveron a oportunidade de pórse na pel de habitantes da Prehistoria, e intentar elaborar materiais da súa vida cotiá, desde cerámica a gravados en pedra, empregando as técnicas e os recursos dispoñibles nese período histórico. En concreto, o noso traballo, consistiu en ensinar as técnicas antigas de construción de hábitats do neolítico construídas con arxila e encestados de varas.

COLABORAMOS CON: BEATRIZ COMENDADOR (GRUPO DE ESTUDOS DE ARQUEOLOXÍA, ANTIGÜIDADE E TERRITORIO DA UNIVERSIDADE DE VIGO) ANO: 2019 No marco da materia de Etnoarqueoloxía e Arqueoloxía Experimental do Mestrado Interuniversitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade, impartido polas universidades de Vigo e Santiago de Compostela e o Instituto de Ciencias do Patrimonio participamos no Parque […]