Proceso de participación pública do PXOM de As Pontes
COLABORADORES: DELOGA RESEARCHING
ANO: 2015
CLIENTE: CONCELLO DE AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ
Dentro do marco do Plan Xeral de Ordenación Municipal de As Pontes púxose en marcha un proceso participativo destinado a recoller a opinión e as propostas da veciñanza do concello para incorporar ao plan. A través deste proceso buscouse profundar e ampliar a participación mínima establecida pola lexislación urbanística co fin elaborar un plan que contase cun maior grado de consenso e respaldo por parte da cidadanía.
Durante este proceso, ademais da recollida de información e comunicación a través de canles telemáticos, – enquisa e caixa de suxestións -, fixéronse diferentes actividades presencias:
-Asembleas abertas: como primeiro paso, nas fases inicias do plan xeral, para informar e dar a coñecer o documento
-Comisións de seguimento: constituíronse tres comisións, a comisión política, formada por representantes de todos os grupos políticos; a comisión de expertos formada por profesionais de diferentes ámbitos con coñecementos específicos sobre o ámbito municipal; e a comisión de entidades cidadás, composta por aquelas asociacións e entidades representativas da sociedade pontesa
-Obradoiros temáticos: tomando o formato de grupos de traballo e discusión tiñan como finalidade a de definir conxuntamente estratexias relativas a cada parroquia a incorporar no documento do PXOM
-Actividades nas escolas: co obxectivo de incorporar as inquedanzas e propostas sobre o territorio da poboación máis nova do concello
-Acompañamentos no rural: leváronse a cabo varias visitas de campo na que os propios veciños acompañaron ao equipo redactor do plan xeral co fin de profundar en cuestións puntuais como: os límites parroquiais, o patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico, os camiños tradicionais, etc
COLABORADORES: DELOGA RESEARCHING ANO: 2015 CLIENTE: CONCELLO DE AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ Dentro do marco do Plan Xeral de Ordenación Municipal de As Pontes púxose en marcha un proceso participativo destinado a recoller a opinión e as propostas da veciñanza do concello para incorporar ao plan. A través deste proceso buscouse profundar e ampliar […]