COLABORADORES: EVA GIL
ANO: 2015-2017
CLIENTE: CONCELLO DE REDONDELA

Dentro do marco do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Redondela púxose  en marcha un proceso participativo destinado a recoller a opinión e as propostas da veciñanza do concello para incorporar ao plan. A través deste proceso buscouse profundar e ampliar a participación mínima establecida pola lexislación urbanística co fin elaborar un plan que contase cun maior grado de consenso e respaldo por parte da cidadanía.

Durante este proceso, ademais da recollida de información e comunicación a través de  canles telemáticos, – enquisa e caixa de suxestións -, fixéronse diferentes actividades presencias:

-Asembleas abertas: como primeiro paso, nas fases inicias do plan xeral, para informar e dar a coñecer o documento

-Comisións de seguimento: formada por representantes de todos os grupos políticos;

-Obradoiros temáticos: tomando o formato de grupos de traballo e discusión tiñan como finalidade a de definir conxuntamente estratexias relativas a cada parroquia a incorporar no documento do PXOM

-Acompañamentos no rural: leváronse a cabo varias visitas de campo na que os propios veciños acompañaron ao equipo redactor do plan xeral co fin de profundar en cuestións puntuais como: os límites parroquiais, o patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico, os camiños tradicionais, etc.

COLABORADORES: EVA GIL ANO: 2015-2017 CLIENTE: CONCELLO DE REDONDELA Dentro do marco do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Redondela púxose  en marcha un proceso participativo destinado a recoller a opinión e as propostas da veciñanza do concello para incorporar ao plan. A través deste proceso buscouse profundar e ampliar a participación mínima establecida pola […]