PATRIMONIO, TERRITORIO E URBANISMO

AS FROITEIRAS ESQUECIDAS DE VALGA E COMARCA

As árbores esquecidas foi un proxecto de investigación realizado entre xuño do 2011 e decembro do 2012, financiado gracias a unha axuda concedida no XVI premio de investigación Xesús Ferro Couselo. A investigación pretende dar a coñecer o patrimonio xenético das árbores de froita antiga da comarca do Baixo Ulla. Un patrimonio colectivo esquecido que é preciso valorizar de cara á conservación dos ecosistemas endémicos; pero que tamén é necesario integrar nos sistemas agro-económicos da comarca. Na primeira fase do traballo contactouse cunha serie de fruticultores apaixonadas que aínda custodian algunhas variedades de árbores do país. Así mesmo asistiuse a mercados locais, mosteiros, etc. O título do proxecto parte dun traballo do artista e guionista de cine Tonino Guerra desenvolvida na aldea de Pennabilli, un pequeno xardín artístico onde Guerra recolleu unha serie de árbores froiteiras que dera por perdidos e que lle recordaban sabores esquecidos da súa infancia. Con este punto comezou un proxecto sobre a recuperación dese patrimonio do procomún: as árbores de froita antiga, variedades locais de árbores froiteiras adaptadas ó microclima e os solos da propia comarca, moi resistentes ás enfermidades e ós parasitos da súa área cunha enorme variedade de froitos, sabores e olores. O resultado foi un catálogo se pode descargar dende este enlace.

COLABORA: CONCELLO DE VALGA (PREMIOS FERRO COUSELO)

Traballa con nos

Colabora connosco para levar a cabo proxectos arquitectónicos que transformen e enriquezan a túa contorna.

localización

Rúa Poboadores 35 baixo
VIGO 36202
Pontevedra

 

contacto

info@seteoitavas.com
T: 886 098 856 / 649 572 104