Comunidade e procesos, Participación
CO-DESEÑO E TRANSFORMACIÓN DOS PATIOS NO COLEXIO ANDAINA

Durante os cursos escolares 2017 e 2018, traballamos coa comunidade educativa de Andaina para o deseño e a transformación do patio de educación infantil e primaria. Neste caso a comunidade estaba especialmente interesada en que os traballos se realizaran con materiais naturais e que no proceso puidera participar todo o alumnado de infantil e de primaria. Abordouse realizando dúas comisións de xardín, unha coa representación do alumnado de infantil e outra co de primaria que participaban activamente no itinerario da descuberta e no proceso de deseño, e tiñan a función de trasladalo ás súas respectivas aulas. Nunha segunda fase realizouse a propia transformación dos patios segundo o deseño realizado polas comisións coas apartacións de todo o alumnado, e para a que se elixiron métodos e materiais construtivos acaidos para a manipulación por parte das nenas e nenos do colexio, nestas sesións participou a totalidade do alumnado de infantil e primaria. Destacamos a implicación do profesorado e das familias tanto de xeito cuantitativo como cualitativo.
As fitas que guiaron o proxecto foron as seguintes:
Coñecemento e traballos cos materiais naturais que existen no noso entorno.
Potenciación de “outros” sentidos.
O ciclo pechado dos materiais naturais.
A evolución dos talleres en función das estacións do ano.
Uso da habilidade manual
Deseño do xardín nas aulas e sobre o terreo.
Realización do xardín.
COLABORA:
COLABORA: NATALIA CAMPOS FERRO E MARTÍN MOREDA ANO: 2017-2018 CLIENTE: COLEXIO ANDAINA. COOPERATIVA DE EDUCACIÓN
Traballa con nos
Colabora connosco para levar a cabo proxectos arquitectónicos que transformen e enriquezan a túa contorna.
TEXTOS LEGAIS
localización
Rúa Poboadores 35 baixo
VIGO 36202
Pontevedra
contacto
info@seteoitavas.com
T: 886 098 856 / 649 572 104