Arquitectura e bioconstrucción
Deseñamos proxectos ecolóxicos creando espazos saudables e con baixo consumo de enerxía, usando materiais naturais, sustentables e preferiblemente locais. Son construcións centradas na saúde das persoas, minimizando os compostos orgánicos volátiles (COV); e no aforro enerxético.
Vivendas e Locais comerciais
Rehabilitación
Asesoramento, autoconstrucción e xestión
Territorio e urbanismo
Traballamos na planificación e transformación territorial e urbana dende unha perspectiva inclusiva, multidisciplinar e participativa, apostando polo desenvolvemento sostible da nosa contorna e aplicando ferramentas e metodoloxías innovadoras das tecnoloxías da información e comunicación, específicas para cada proxecto.
PLANEAMENTO E URBANISMO INCLUSIVO
PATRIMONIO
PAISAXE
Mellora mobilidade
Comunidade e procesos
Implementamos procesos de participación pública e deseño colaborativo na elaboración de proxectos de arquitectura e de espazo urbano, e na elaboración de estudos e plans urbanísticos. Apostamos polo empoderamento das persoas no relativo ao coñecemento e toma de decisións dos procesos que lle afectan na súa vida diaria, como son o deseño da vivenda, a definición dos equipamentos que precisa no barrio, ou da transformación dos que fai uso habitual, así como no deseño do espazo público, na planificación urbana e na mobilidade.